Pavillón Polideportivo A Malata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Polideportivo da Malata»)

Coordenadas: 43°29′39″N 8°14′49″O / 43.4941, -8.247

Exterior do Pavillón da Malata.

O Pavillón Polideportivo A Malata é un recinto deportivo cuberto sito na Malata, Serantes, no concello de Ferrol, que se dedica á práctica do baloncesto e do fútbol sala. Nel xoga os seus encontros como local o O'Parrulo FS, e tamén foi o fogar do desaparecido OAR Ferrol. A capacidade das bancadas é de 4200 persoas, que se reparten en dúas tribunas laterais, xa que o pavillón non ten bancadas de fondo.

Campionato mundial de baloncesto 1986[editar | editar a fonte]

Final do campionato de España de tenis de 2008.

Inaugurado en 1986, o pavillón foi elixido ese mesmo ano para ser unha das 7 ses que acolleron o Mundial de baloncesto 1986. Na Malata xogáronse tódolos encontros do Grupo B durante a primeira fase, con seleccións como Cuba, Israel, Australia, Angola, Uruguai e a Unión Soviética, que finalmente foi subcampioa do mundo.

Outros eventos[editar | editar a fonte]

Nos seguintes anos o pavillón acolleu ducias de encontros do OAR Ferrol na Liga ACB, e do O'Parrulo FS na Primeira División da LNFS.

Na primeira semana de decembro de 2008, na Malata disputouse o campionato de España de tenis. A final xogouse o 7 de decembro, e nela enfrontáronse Fernando Verdasco e Tommy Robredo, con vitoria do segundo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]