Policía Foral de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo da Policía Foral.
Vehículo da Policía Foral no Pazo de Navarra.

A Policía Foral de Navarra (en éuscaro Nafarroako Foruzaingoa) é un corpo de seguridade creado pola Deputación Foral de Navarra en 1929, inicialmente co nome de Policía de Estradas. Trocou o seu nome polo de Policía Foral en 1964. Inicialmente dedicábase soamente ó control do tráfico de vehículos polas estradas de Navarra (cuxa construción ten sido sempre competencia da súa Diputación, en razón do especial réxime de autonomía administrativa ou "réxime foral" do que disfruta esta provincia), pero posteriormente, e sobre todo dende 1982, ten diversificado as súas funcións. Xunto coa de Cataluña (Mossos d'Esquadra) e a do País Vasco (Ertzaintza) é unha das tres policías autonómicas que existen en España integrando todo o seu proceso de creación, pois hai outras policías autonómicas que se forman adscribindo membros do Corpo Nacional de Policía. Actualmente ten uns 700 membros para atender unha poboación de 595.000 habitantes. Atópase en pleno proceso de desenvolvemento, estando previsto coas oposicións en curso que acade os 900 membros a finais de 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]