Policía Federal Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Policía Federal Arxentina.

A Policía Federal Arxentina (PFA) é a principal forza de seguridade a nivel federal da República Arxentina. Foi creada en 1943 sobre as bases da antiga Policía da Capital,que operou no ámbito da Cidade de Bos Aires desde 1880 ata ese ano. Dependente do Ministerio do Interior, conta con destacamentos en todas as provincias do país e na cidade de Bos Aires, onde exerce tamén as funcións de policía local en virtude do artigo 7º da denominada "Lei Cafiero". As provincias teñen policías propias, que traballan en moitos casos articuladas coa Policía Federal.

Organizada de xeito similar ao FBI estadounidense, está encargada da investigación de delitos que abarcan a xurisdición de dúas ou máis provincias, así como dos delitos de ámbito exclusivamente federal, contándose entre eles o narcotráfico, os delitos ambientais e a trata de persoas.

Axentes da Policía Federal custodiando a chegada do primeiro ministro ruso Mikhail Fradkov, en Bos Aires.

Conta ademais cunha axencia de intelixencia interior, así como co Instituto Universitario da Policía Federal Arxentina, que proporciona formación universitaria en dereito, criminalística e seguridade, entre outras áreas cognitivas.

Conta tamén con división de operacións especiais, o G.E.O.F. encargada de levar a cabo misións antiterroristas e de antinarcóticos, así como brindar protección a xefes de estado que visiten o país; e rescate de rehenes.

Desde 1962 é membro de Interpol. A Policía Federal Arxentina tamén está encargada das tarefas de documentación e rexistro civil, e xestiona a emisión de pasaportes e cédulas de identidade malia non corresponderlle esas facultades como así o establece a lei 17.671.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]