Policía Autonómica Galega
A Policía Autonómica Galega é unha unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á comunidade autónoma galega.
[editar] Organización e administración
Depende organicamente da Dirección Xeral de Policía (Ministerio do Interior) e funcionalmente da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta de Galicia, segundo as previsións do artigo 25.27 do estatuto de autonomía de Galicia.
Cando foi creada o 19 de xuño de 1991, dispoñía de 157 axentes, destinados na capital de Galicia, en 1993 son 264 e ábrense as catro sedes provinciais e en 1997 a sede de Vigo, no ano 2000 son 407 e na actualidade (2007) son 420, os plans da Xunta é que o número de axentes chegue a 2.500 antes do 2014, a metade dos cales ocuparíase de funcións de vixianza do tráfico. Actualmente hai 680 Gardas Civís ocupándose destas tarefas na comunidade, que recibirán a oferta de incorporarse ó corpo autonómico [1].
Por outra parte, os plans para a policía autonómica galega do goberno da Xunta, pretenden que asuma as mesmas competencias que outras policías autonómicas, sobre todo no referente a actividades de policía xudicial e de seguridade cidadana [2]. Ademais, "a Xunta de Galicia garantirá o coñecemento da realidade sociopolítica, xurídica e cultural, e o coñecemento e uso da lingua galega de todos os funcionarios que se incorporen á policía autonómica".