Polas inmensas e alleas fortunas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Polas inmensas e alleas fortunas
Autor/aLaura Caveiro
CubertaMiguel Vigo sobre un cadro de Quentin Massys
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNegra
Xénero(s)Novela negra
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1995
FormatoEdición rústica cosida a fío
Páxinas96
ISBN84-7507-905-9
editar datos en Wikidata ]

Polas inmensas e alleas fortunas é unha novela en lingua galega de Laura Caveiro, publicada en 1995 por Edicións Xerais.

Trama[editar | editar a fonte]

O cambista e a súa muller, de Quentin Massys, cadro usado na portada do libro.

Tom Vas é un detective privado de Vigo, ex policía. Á súa oficina chega Victoria, unha muller rica, dicindo que o seu fillo Óscar, de dezaoito anos, apareceu asasinado nove días atrás. O detective cre que a señora, viúva desde un ano atrás, tiña unha especial devoción polo seu fillo.

Tom comeza a investigar. Coñece a Susana, a que era moza de Óscar. Ela embebédase e conduce o seu coche pola AP-9. No traxecto dille que Óscar se deitaba cun home maior. De súpeto, Susana dá a volta e comeza a circular en dirección contraria. Logo dun golpe de volante de Tom para evitar un camión, o coche e os dous ocupantes caen pola ponte de Rande abaixo. Xa salvos na costa, Susana dille que quería suicidarse.

Tom e mais a súa secretaria investigan no círculo de Victoria. Ten unha empresa da construción xunto cun avogado que anos atrás provocou que botasen a Tom da policía. Amais, lévase cun conselleiro da Xunta de Galicia. Malia a súa recente viuvez e a perda do fillo, ten intención de casar cun mociño de vinte e un anos.

Victoria confésalle a Tom que atopou dúas fotos nas que Óscar aparece cun home maior, e que o home é o conselleiro, pero que é consciente de que non vai poder denuncialo á policía. Logo de que Tom metese presión a un policía coñecido del para que investigasen, o seu despacho aparece desfeito. Finalmente, Victoria dille que deixe a investigación.

Narración[editar | editar a fonte]

É unha novela negra escrita en primeira persoa. O personaxe principal é o detective, unha persoa malencarada e misóxina, que golpea sen pudor á súa secretaria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha en Negra y Criminal.