Polígono industrial do Campiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polígono industrial do Campiño
Tipopolígono industrial
Data de fundación11 de outubro de 1993
EnMarcón
PaísGalicia
42°24′26″N 8°35′06″O / 42.407222222222, -8.585
editar datos en Wikidata ]
Fábrica de Harinas Reyes, 2011.

O polígono industrial do Campiño é unha área industrial situada entre as parroquias de Marcón (Pontevedra) e Tourón e Xustáns (Ponte Caldelas). Sitúase na aba do monte da Fracha, a 7,5 km da cidade de Pontevedra.

Accesos[editar | editar a fonte]

Está a carón da estrada PO-532, que une Pontevedra e Ponte Caldelas. No lugar da Reigosa tómase a vía PO-0004, que leva á rúa Chan da Parafita, a arteria norte-sur do polígono.

Historia[editar | editar a fonte]

A principios dos anos 90 o alcalde Javier Cobián coa Consellería de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Cámara de Comercio de Pontevedra promoveron a creación do polígono industrial do Campiño. O 11 de outubro de 1993 colocouse a primeira pedra do polígono industrial na zona da Reigosa. Na primavera de 1994 instalouse a primeira empresa no polígono, a fábrica pontevedresa Harinas Reyes Hermanos.[1]

O 4 de marzo de 2011 inaugurouse unha grande ampliación do polígono,[1] que limitou coa PO-0206 polo oeste e coa subida ao lugar de Baltar polo sur.

Empresas[editar | editar a fonte]

O polígono inaugurouse en 1994 cunha superficie nese momento de 432.037 metros cadrados.[1]

Entre as empresas con sede no Campiño destaca Reyes Hermanos (distribuidora de fariña), A Devesa (panadería e repostería), Moldes (alimentación) ou Cristalería Pontevedresa.

En xuño de 2008, Telmo Martín, voceiro local do PPdG, propuxo levar ao Campiño (logo dunha grande ampliación) a Papeleira de Pontevedra, fábrica de pasta de papel que a empresa ENCE ten en Lourizán.

Segundo José Luís Valiñas, presidente da Asociación de Empresarios do Campiño, en xaneiro de 2009 traballaban no polígono máis de 1500 persoas. Porén, en febreiro dese mesmo ano houbo un ERE na empresa Trèves, auxiliar da factoría de Citroën de Vigo, polo que a cifra descendeu en 300 persoas[2].

Notas[editar | editar a fonte]