Pokémon Trading Card Game (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pokémon Trading Card Game
Desenvolvedor Hudson Soft
Distribuidora Nintendo
Lanzamento 18 de decembro de 1998
Serie Pokémon
Xénero Xogo de cartas
Modos de xogo Un xogador
Multixogador
Plataformas Game Boy Color

Pokémon Trading Card Game, estreado orixinalmente no Xapón como Pokémon Card GB (ポケモンカードGB Pokemon Kādo Jī Bī?) é un videoxogo que é unha adaptación do xogo de cartas coleccionables do mesmo nome, que á súa vez está baseado na serie de videoxogos de Pokémon. Desenvolvido por Hudson Soft e publicado por Nintendo, lanzouse no mercado nipón en decembro de 1998. A versión en inglés apareceu en Norte América en abril de 2000 e en Europa o decembro seguinte.

Un segundo xogo para Game Boy Color, Pokémon Card GB2: Great Rocket-Dan Sanjō! (ポケモンカードGB2 GR団参上! Pokémon Card GB2: Here Comes Team Great Rocket!?), foi estreado en Xapón en marzo de 2001. O xogo non foi estreado nin en Norte América nin en Europa. Un engadido da secuela é a posibilidade de escoller o xénero da personaxe do xogador.