Pohnpei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pohnpei
Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Localización de Pohnpei
[[]]
Datos
Capital Palikir
País Estados Federados de Micronesia
Linguas
Poboación (2008) 35.023 hab.
Superficie 372 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 6°51′N 158°13′E / 6.850°N 158.217°E / 6.850; 158.217
Maior Altura 791 m.
Mapa da illa Pohnpei

Pohnpei (ata 1990 Ponape, anteriormente Bonabí) é un dos catro estados que constitúen os Estados Federados de Micronesia, que recibe o nome da súa illa principal, unha das Illas Senyavin. Nela atópase a capital federal, Palikir.

O territorio do estado de Pohnpei ten unha superficie de 372 km², estando constituído por unha illa principal (Pohnpei) e 161 pequenas illas e atois. A súa altitude máxima -791 m- atópase nun picacho remanente dun volcán.

Historia[editar | editar a fonte]

Os españois denominaron Ponapé á illa e ao asentamento máis importante na mesma, a súa primeira capital.

As illas Carolinas foron descubertas o 22 de agosto de 1526 polo explorador español Toribio Alonso de Salazar. O 1 de xaneiro de 1528 o descubridor Alonso de Saavedra tomou posesión en nome do Rei de España das illas de Uluti, sendo visitado o arquipélago en 1542, Illas Matelotes, 1543, 1545 e por Legazpi en 1565.

En Pohnpei atópanse interesantes ruínas dunha civilización micronesia, destacando as ruínas de Nan Madol.

Pohnpei, xunto coas Illas Senyavin, foi unha das illas máis tardiamente descubertas por Occidente: foi avistada por primeira vez polo navegante ruso Fyodor Litke en 1828, máis de dous séculos despois que o resto das Illas Carolinas. Nesta illa atopouse a principal sede de goberno das Carolinas, chamada comunmente a colonia, adxacente á capital actual, Palikir.

Tras a guerra hispano-estadounidense, Alemaña comprou a illa a España; baixo soberanía alemá, a colonia foi nomeada oficialmente Kolonia. Pohnpei foi ocupada por Xapón durante a Primeira Guerra Mundial, tras a cal a Sociedade de Nacións declarou que as illas Carolinas debían pasar a administración xaponesa, como débeda de guerra pola derrota alemá, xunto coas illas Marshall e as Marianas (excepto Guam, territorio estadounidense).

Durante a Segunda Guerra Mundial a illa foi esquivada durante as campañas anfibias estadounidenses entre 1943 e 1945. As instalacións militares foron bombardeadas en varias ocasións, incluíndo os bombardeos dos barcos de batalla USS Massachusetts (BB-59) e Iowa (BB-61), así como o ataque aéreo de Cowpens (CVL-25). Ao termo da guerra, as Illas Carolinas pasaron a formar parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico.

Os Estados Federados de Micronesia obtiveron a independencia en 1986. Desde entón, Pohnpei foi un resgardado porto tropical baixo control indirecto dos Estados Unidos.

A poboación en 2001 era de 49.300 habitantes.

Illas próximas[editar | editar a fonte]

  • O atol de Pingelap, situado varios centos de quilómetros ao leste de Pohnpei aínda que pertencente ao estado de Pohnpei, destaca polo alto índice de acromatopsia dos seus habitantes. Esta cegueira da cor é relativamente rara, pero aparece a miúdo en comunidades con baixa variabilidade xenética. Pingelap foi descrita no libro The Island of the Colorblind (a illa dos cegos da cor) polo neurólogo Oliver Sacks.
  • As antigas illas artificiais de Nan Madol atópanse próximas a Pohnpei.
  • O atol Oroluk

Mitos sobre Pohnpei[editar | editar a fonte]

O hipotético continente de Lemuria, formulado por científicos no século XIX, foi relacionado posteriormente con Pohnpei. As lendas xurdidas ao redor de Lemuria levaron a místicos franceses a relacionar estas lendas coas inusuais ruínas de Nan Madol, explicando a existencia destas ruínas como o que restaba emerxido dese hipotético continente tras un cataclismo. Posteriormente, escritores como Lovecraft e August Derleth aproveitaron tales mitificaciones para situar en Pohnpei a entrada a fantásticas civilizacións de terribles alieníxenas; nos 1960 o ufólogo Erik von Däniken afirmaba que as ruínas de Nan Madol e outras en Ponape debíanse á obra de extraterrestres.