Ferreiriño palustre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Poecile palustris»)
Ferreiriño palustre
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Paridae
Xénero: Poecile
Especie: P. palustris
Nome binomial
'Poecile palustris'
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Parus palustris

O Ferreiriño palustre (Poecile palustris, antes Parus palustris) é unha ave paseriforme da familia dos páridos. É tan semellante a Poecile montanus que non foi descuberto como especie diferente ata 1888.​[2]

Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]

Ten unha lonxitude duns 11,5 cm e un peso de 11 gramos.[3] Corpo gris con lombo pardo[4] e parte superior da cabeza negra con pico negro; as pata son gris-azuladas.[5]

Hábitat[editar | editar a fonte]

O seu hábitat predilecto son as fragas de monte baixo ou bosques mixtos con coníferas,[5] hortos e montañas ata os 1.400 metros de altitude. Prefire os lugares húmidos e sombríos preto de ríos e arroios.[4] Aliméntase de insectos e sementes.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Poecile palustris

Pon o niño en ocos de árbores. Normalmente as postas son de 7-8 ovos e fanse entre abril e maio. O tempo de incubación é de 12-13 días. Os polos comezan a abandonar o niño ós 17-20 días trala eclosión.

Distribución[editar | editar a fonte]

Presente en toda Europa Occidental e central, agás a Península Ibérica (coa excepción da franxa pirenaica), e na zona oriental de Asia.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Parus palustris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Mitchel (1976)
  3. Robinson, R.A. (2005). "BirdFacts: profiles of birds occurring in Britain & Ireland.". app.bto.org (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Sanz-Zuasti & Velasco (2005), p. 408
  5. 5,0 5,1 5,2 Sáez-Royuela (1980), p. 976
  6. "Poecile palustris". iucnredlist.org (en inglés). 1 de outubro de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C. D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal: C 2423-2009.
  • Mitchel, Alan (1976). Nuestros amigos los pájaros (en castelán). Madrid: Ediciones Mensajero. ISBN 84-271-1133-9. 
  • Nicolai, Jürgen; Singer, Detlef; Wothe, Konrad (1989). Aves (en castelán). León: Editorial Everest. ISBN 9788424126612. 
  • Sáez-Royuela, Ramón (1980). Echevarri, Javier, ed. La Guía Incafo de las Aves de la Península Ibérica (en castelán). Madrid: Incafo. ISBN 84-85389-20-4. 
  • Sanz-Zuasti, Joaquín; Velasco, Tomás (2005). Guía de las Aves de Castilla y León (en castelán). Medina do Campo: Editorial Náyade. ISBN 978-8493373023. 
  • Svenson, Lars (2010). Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea (en castelán). Barcelona: Editorial Omega. ISBN 9788428215336.