Pobra de Seabra - Puebla de Sanabria
Coordenadas: 42°3′19″N 6°38′1″W / 42.05528°N 6.63361°W
| Pobra de Seabra - Puebla de Sanabria | |
|---|---|
| Puebla de Sanabria. | |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | Castela e León |
| Provincia: | Zamora |
| Comarca: | Seabra |
| Xeografía | |
| Altitude: | 990 msnm |
| Superficie: | 81,39 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.595 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 19,6 hab./km² |
| Xentilicio: | Sanabrés/sa |
| Información | |
| Código postal: | 49.300 |
| Alcalde: | José Fernández Blanco |
| Sitio na web: | www.pueblasanabria.org |
Pobra de Seabra ( oficialmente e en castelán Puebla de Sanabria) é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, capital da comarca de Seabra.
Esténdese por unha área de 81 km² onde no ano 2007 vivían 1.614 habitantes. Encóntrase a 111 km da capital, Zamora.
Índice |
Historia [editar]
Seabra aparece documentada desde o século VII como parroquia sueva e ceca visigoda baixo o nome de "Senapria". No século X a "Urbs Senabrie" é citada como referente territorial nos primeiros diplomas do mosteiro de San Martín de Castañeda. A consolidación deste núcleo urbano como cabeza de toda a comarca sanabresa debeu producirse a partir do reinado de Afonso VII, posteriormente Afonso IX fomentou o seu desenvolvemento mediante o outorgamento dunha carta poboa o 1 de setembro de 1220, inspirada no Foro de Benavente. O texto de devandito foro é coñecido a través dun privilexio de Afonso X (Sevilla, 19 de maio de 1263) polo que confirma e modifica parcialmente a carta foral de Afonso IX.
Durante o século XVII sufriu a Guerra de Separación de Portugal ao estar situada en plena fronte de batalla. De igual xeito, durante a Guerra de Sucesión ocorrida en España entre os partidarios de Filipe de Anjou e o Archiduque Carlos, a vila será ocupada por tropas portuguesas, sendo recuperada pola Monarquía Hispánica o 24 de decembro de 1715, de acordo ao acordado na Paz de Utrecht.
Demografía [editar]
A poboación de Pobra de Seabra non variou demasiado nos últimos 100 anos. Houbo continuos aumentos e diminucións da poboación. O crecemento dos anos 70 débese a que absorbeu outro concello, Ungilde.

| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.107 | 1.107 | 1.028 | 1.286 | 1.219 | 1.367 | 1.297 | 1.588 | 1.858 | 1.696 | 1.577 | 1.595 |
Política [editar]
O reparto de escanos quedou deste xeito:
| PSOE | PP | Outros | Total | |
|---|---|---|---|---|
| 2007 | 6 | 3 | 0 | 9 |
Patrimonio artístico [editar]
- Castelo dos Condes de Benavente
- Igrexa de Nosa Señora do Azogue
- Ermita de San Cayetano
- Concello
- Parque Natural do Lago de Seabra
- Fuerte de San Carlos
Festas [editar]
O 8 de setembro celébranse as festas da nosa Señora das Vitorias, que duran toda a semana e ás que acoden xentes de toda a comarca, dados os importantes espectáculos que ofrecen.