Pobos túrquicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Países e subdivisións autónomas nas cales unha lingua túrquica ten un estatus oficial.

Os pobos túrquicos do norte e o centro de Eurasia son poblos que falan linguas da familia túrquica, e que comparten varios trazos históricos e culturais en diferentes graos. A palabra "túrquico" representa unha caracterización lingüística moi ampla e non necesariamente unha caracterización étnica. En cambio, "turco", representa xeralmente aos ciudadáns de Turquía e á nación turca.

As linguas túrquicas son unha subdivisión da familia de las linguas altaicas e unha das máis amplamente extendidas no mundo, xa que se falan nunha vasta rexión que vai desde Europa até Siberia, incluíndo as sociedades existentes como: turcos, azeríes, chuvasios, casacos, tártaros, quirgizos, turcománs, uigures, usbecos, baskires, kashgai, gagauzos, iakutos, Karaites, crimchacos, caracalpacos, karachais, bálcaros, nogais; así como civilizacións do pasado tales como os köktürks, cumanos, kipchaks, ávaros, protobúlgaros, turgesh, kházaros, seliúcidas, otománs, mamelucos, timures e probabelmente os hunos e os xiongnu.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Número de falantes nativos da familia das linguas túrquicas.

Os pobos túrquicos teñen moitas ramas, e a súa poboación total é de ao redor de 150 millóns de individuos. Aproximadamente a metade son turcos de Turquía, que na súa maoir parte habitan no mesmo país e nas rexións dominadas antigamente polo Imperio otomán en Europa oriental, o norte de África e o Oriente Próximo. A outra metade dos túrquicos encóntranse en Asia Central, Rusia, o sur do Cáucaso e o noroeste de Irán.

Na actualidade hai seis países túrquicos independentes:

A República Turca do Norte de Chipre só é recoñecida por Turquía e Nakhicheván (unha rexión autónoma de Acerbaixán).

Existen varias repúblicas autónomas túrquicas e rexións gobernadas polos túrquicos na Federación rusa: República de Altai, Bashkortostán, Chuvasia, Daguestán, Khakasia, Karachai-Cherkesia, Tartaristán, Tuvá e Iakutia. Cada república autónoma túrquica da Federación Rusa ten a súa propia bandeira, parlamento, leis e lingua oficial.

Hai outras dúas rexións autónomas túrquicas importantes: a Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang (tamén coñecida como Turquestán Oriental), no oeste de China, e rexión autónoma de Gagaucia, situada en Moldavia oriental. Ademais, hai varias rexións túrquicas non recoñecidas en Irán e partes de Irak, Afganistán, Paquistán, Taxiquistán e parte de Casaquistán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobos túrquicos Modificar a ligazón no Wikidata