Pob. 1280

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pob. 1280
Título orixinal Pop. 1280
Autor Jim Thompson
País Estados Unidos
Lingua inglés
Xénero(s) Novela negra
Editorial Flag of the United States.svg
GaliciaRinoceronte Editora
Data de pub. Flag of the United States.svg1964
Galicia2012
Páxinas Flag of the United States.svg217
Galicia 236
ISBN Flag of the United States.svgISBN 9780679732495
Galicia ISBN 987-84-92866-39-7
Tradutor Eva Almazán

Pob. 1280 é unha novela negra de Jim Thompson, escrita en 1964 co título orixinal en inglés de Pop. 1280 . Non foi publicada até despois da súa morte, ao igual que o resto da colección Crime Masterworks de Orion. A narración amosa o estilo experimental da ficción literaria (en oposición ao xénero de ficción), con episodios ocasionais de surrealismo.

Trama[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

O protagonista é Nick Corey, o sheriff do condado de Potts, cunha poboación "de 1.280 almas" (que se verá reducida ao final da historia). Corey preséntase como un completo parvo: simple, acomodado e preguiceiro, que vive do seu soldo do condado. Vive coa súa muller Myre e o seu cuñado idiota, se ben ten como amante a Rose Hanck. Enfróntase á campaña electoral para o posto de sheriff, ao que tamén se presenta Sam Gaddis.

Logo de visitar a Ken Lacey, o sheriff dun condado veciño, regresa á súa vila e mata dous proxenetas da barra americana do outro lado do río. Tom Hanck (marido da súa amante) bate no tío John (un negro camorrista), e o sheriff interponse, facendo quedar mal a Tom perante os seus veciños. Despois mátaos aos dous (ao marido para quedar con Rose e ao negro para que non se chivase). Fai crer a Robert Lee Jefferson (o ferreteiro da vila) que entre a veciñanza se fala mal do outro candidato. Reencóntrase con Amy, a moza coa que ía casar, e fode con ela.

Após unha analepse na que conta como coñeceu a súa muller, acompaña a Rose á súa casa, xa que é amiga da súa esposa. A vila acepta a teoría de que Tom e o negro John se mataran entre eles, e Rose dille ao sheriff que tiña un seguro de vida, e que trala morte do seu marido vai ser rica, e proponlle marcharen xuntos. Despois marcha de novo onda Amy, e ela dille que mirou como mataba os dous proxenetas. Iníciase un incendio no barrio negro, como represalia pola morte de Tom, e organízase unha reunión entre os personaxes poderosos da vila. Para recuperar a confianza entre a poboación, Nick dedica todo un sábado a facer campaña para a súa reelección como sheriff. Pasa a noite con Amy e ao amencer vai con Rose. O domingo pola mañá, á saída de misa, deixa quedar mal ao outro candidato.

Chega un detective para investigar a morte dun dos proxenetas. A maioría da xente pensa que foi Ken (o sheriff do outro condado) quen o matou. Nick vai á de Rose seguido do seu cuñado. Este chívase á muller do sheriff, que aparece na casa de Rose cunha cámara fotográfica, e obriga a Lennie a deitarse con Rose. A obra remata cunha conversa ben profunda entre Nick e Buck (o axudante do sheriff Ken).

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra está narrada en primeira persoa. Conta con aspectos autobiográficos do autor, fillo dun sheriff. Conta cun estilo cómico e un léxico popular, zafio e soez. O espazo principal é a vila rural de Pottsville, con visitas ao condado veciño, posiblemente ambos os dous do estado de Texas. Hai moita acción en espazos pechados, especialmente as vivendas de Rose, Amy e o sheriff. O tempo atmosférico ten certa importancia, sendo crucial a escuridade das noites e a choiva.

O tempo histórico é 1917, durante a Revolución Rusa. O tempo narrativo dura uns dez días, amais da analepse sobre a voda. A acción inclúe episodios diúrnos e nocturnos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Nicholas Nick Corey (protagonista).
  • Myra (muller de Nick).
  • Lennie (irmán de Myra).
  • Amy Mason (ex moza de Nick).
  • Rose Hanck (amante de Nick).
  • Tom Hanck (marido de Rose).
  • Ken Lacey (sheriff do condado veciño).
  • Buck (axudante de Ken).
  • Cameron Curly Tramell e Moose (proxenetas).
  • Robert Lee Jefferson (ferreteiro).
  • Sam Gaddis (candidato a sheriff).
  • Tío John (negro borrachón).

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A novela foi traducida ao galego por Eva Almazán e publicada en 2012 por Rinoceronte Editora. Pop. 1280 foi levada ao cine en 1981 co título de Coup de Torchon, dirixida por Bertrand Tavernier.