Pleusto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Physalia physalis, un típico organismo pleustónico.
Dous zapateiros.
Azolla caroliniana.

En ecoloxía denomínase pleusto ou pleuston,[1] do grego πλευστόν pleustón "flotante", ao conxunto dos organismos que viven na delgada capa superficial existente na interface auga-aire dun corpo de auga, ou vivindo directamente sobre a tona da auga, e cuxos desprazamentos están fundamentalmente determinadas polo vento.[2]

Primeiro uso[editar | editar a fonte]

O termo pleusto, creado como analoxía linguística de plancto, foi introducido na literatura científica por Carl Schroeter e Oskar Kirchner,[3] nun artigo publicado en 1896 sobre a vexetación do lago Constanza (Bodensee).[4]

Descrición[editar | editar a fonte]

O concepto de pleusto está, en xeral, circunscrito aos organismos macroscópicos, ou agregados de organismos microscópicos que formam estruturas macroscópicas, incluindo organismos que viven literalmente na interface aire-auga e que por esta razón dependen fundamentalmente da interrelación entre o corpo de auga e a atmosfera, e de fenómenos de fronteira como a tensión superficial.

Dado que os organismos do pleuston poden, en todo ou en parte, sobresaír da auga, son en xeral moi dependentes das correntes e dos ventos, nalgúns casos navegando a vela literalmente, a favor dos ventos e das correntes.

A pesar das semellanzas, e das fronteiras conceptuais relativamente indefinidas entre ambos os grupos, se o comparamos co neusto, o pleusto é moito máis susceptíbel á deriva inducida polo vento do que polas correntes.

Aínda que o neusto sexa xeralmente entendido como a comunidade de organismos que viven no interior da masa de auga xunto á superfície, a delimitación da fronteira co concepto de pleuston non está establecida polo de agora de forma consistente.

Un exemplo típico dun organismo pleustónico que vive literalmente veleando é a carabela portuguesa (Physalia physalis). Aínda que dotados de movementos propios e da capacidade de moverse sobre a película superficial, os insectos da familia dos Gerridae (Gerromorpha), os zapateiros, que dependen da tensión superficial, son outro exemplo de organismo pleustónico.

De acordo con Adolf Steuer,[5] o pleuston diferénciase na acepción de Ernst Hentschel en:

Exemplos[editar | editar a fonte]

Exemplos de organismos pleustónicos son algunhas cianobacterias que forman masas flotantes, algúns gasterópodos, a carabela portuguesa (Physalia physalis), os fieitos dos xéneros Azolla e Salvinia e as plantas fanerógamas dos xéneros Lemna, Wolffia, Pistia, Eichornia e Hydrocharis, entre outros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. RAG/ILG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 18ª ed., § 9.16. «Existe ademais un grupo de palabras cultas coa terminación -on átona: canon, colon, corion, décathlon, épsilon, ípsilon, micron, epíploon, cripton, isquion, necton, neon, newton, ómicron, párkinson, radon, taxon, telson».
    O termo necton vén do grego νηκτόν nēkton, "acto de nadar", "natación".
    O termo pleuston vén do grego πλευστόν pleuston, "flotante".
  2. "Pleuston". Merriam-Webster Online. http://www.merriam-webster.com/dictionary/pleuston.
  3. Stefan Nehring e Ute Albrecht (1997): "Benthos und das redundante Benthon: Neologismen in der deutschsprachigen Limnologie", Lauterbornia 31: 17-30.
  4. Schröter, C. & O. Kirchner (1896): "Der "Bodenseeforschungen" neunter Abschnitt: Die Vegetation des Bodensees, 1. Teil". Schriften des Vereins für Geschichte des Bodensees und seiner Umgebung, 25: 1-112.
  5. Adolf Steuer (1936): "Die Entwicklung der deutschen marinen Planktonforschung. Zu Ernst Hentschels sechzigstem Geburtstag" Die Naturwissenschaften. Wochenschrift für die Fortschritte der reinen und der angewandten Naturwissenschaften, '9: 28. PDF

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Organismos mariños
bentos - plancto e necto - neusto e pleusto - sesto