Plesiópidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paraplesiops bleekeri

Os Plesiópidos (Plesiopidae) son unha familia de peixes mariños incluídos dentro da orde dos Perciformes. Distribúense por augas do Indopacífico.

Características[editar | editar a fonte]

Son de corpo alto, oval e algo comprimido, con liña lateral dividida en dúas partes. Boca terminal, algo protráctil. A lonxitude máxima é duns 20 cm. Aliméntanse de pequenos crustáceos e peixes.

Unha aleta dorsal con 10-15 espiñas e 6-10 radios brandos; anal con 3 espiñas e 8-9 radios brandos; pectorais con 18-23 radios brandos; pelvianas cunha espiña e 4 radios brandos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Plesiópidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Plesiópidos