Playa Blanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Playa Blanca

Playa Blanca é unha localidade do municipio de Yaiza situada no extremo sur da illa canaria de Lanzarote (España). Trátase dun dos principais motores turísticos de Lanzarote e de Canarias, sendo o máis moderno da illa, así como o de máis rápido crecemento. Atópase fronte á illa de Fuerteventura, no chamado estreito da bocaina, e posúe un porto con conexións en ferry a esta illa.

Castelo das Coloradas.

Está situada a 35 quilómetros do aeroporto de Guacimeta, e posúe a súa propia estación de guaguas. Playa Blanca ten unha ampla oferta de lecer e entretemento, con numerosas excursións e modalidades deportivas para a súa práctica, praias urbanas, centros comerciais, rúas peonís, pubs, discotecas e variada gastronomía nos seus numerosos restaurantes temáticos. Preto desta localidade atópanse as praias de Papagayo, de gran afluencia turística. Na localidade atópase o Castelo das Coloradas, unha torre de vixilancia construída entre 1741 e 1744.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Playa Blanca