Plaxioclasio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Plaxioclasios»)
Plaxioclasio

Chámase plaxioclasio[1] a un grupo de feldespatos correspondente á clase de silicatos alumínicos (á serie dos tectosilicatos) de sodio e calcio variando as proporcións destes elementos. Forman unha serie isofórmica de solución sólida. Os seus minerais principais son a albita e a anortita, nos extremos da serie, tendo todos os plaxioclasios moitas características comúns con ambas.

Debido á importancia da composición dos plaxioclasio á hora da clasificación das rochas ígneas, a serie divídese en cen unidade, en función da porcentaxe de anortita nun plaxioclasio concreto.

Cristalizan no sistema triclínico, de onde toman o seu nome, do grego plagios (inclinado) e klasis (fractura). Os cristais simples e ben desenvolvidos son relativamente raros e máis propios da albita. Acostuman presentar certos tipos de maclas (de tipo polisintético), o que permite diferenciar os plaxioclasios dos feldespatos potásicos en láminas transparentes.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Ao tratarse dun grupo con series isomórficas, as propiedades físicas e ópticas son moi variábeis dun tipos a outros, dependendo das composición puntual de cada caso. A dureza é unha das constantes en todo o grupo, xa que oscila en tódolos casos entre 6 e 6,5 na escala de Mohs, con exfoliación perfecta e moi boa en dúas direccións que cortan a 90º, e as fracturas son concoides, estelosas ou desiguais.

A densidade varía nos plaxioclasios dependendo do maior contido en calcio, aumentando lixeiramente o peso específico de 2,6 a 2,7 nas ortosas e microclinas, o peso específico é lixeiramente inferior cun valor medio de 2,55.

Son infusíbeis ao fogo a sanidina e as microclinas, mentres que o resto éo con dificultade, sendo máis fácil no caso dos plaxioclasios. Todos son solúbeis en ácido fluorhídrico e os plaxioclasios disólvense en clorhídrico máis facilmente canto maior é o contido de calcio.

O brillo é vítreo anacarado en todo o grupo, variando a transparencia segundo os individuos. Todos eles, ao pertencer ao sistema monoclínico e triclínico son anisótropos biáxicos cuns índices de refracción medio baixos, son inferiores nas ortosas e superiores nos plaxioclasio. A birrefrixencia é bastante constante. Non presentan aspectos típicos nin fluorescencia.

Minerais plaxioclasios e as súas composicións[editar | editar a fonte]

Nome do mineral
NaAlSi3O8
(%)
CaAl2Si2O8
(%)
Densidade
(g / cm3)
Albita 100-90 0-10 2,61
Oligoclasio 90-70 10-30 2,65
Andesina 70-50 30-50 2,69
Labradorita 50-30 50-70 2,70
Bitownita 30-10 70-90 2,75
Anortita 10-0 90-100 2,77

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para plaxioclasio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]