Plateau de Beille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ascenso a Plateau de Beille nunha tirada do Tour de Francia 2007

A Plateau de Beille (chaira de Beille) é unha estación de esquí francesa, situada nos Pireneos, no departamento de Ariège, pertencente á rexión de Mediodía-Pireneos.

Características[editar | editar a fonte]

A estación de esquí está situada en Ax-les-Thermes, a uns poucos quilómetros do núcleo de poboación e preto tamén da fronteira andorrana. A área é unha extensa chaira situada entre montañas, a unha altitude de entre 1.650 e 2.000 m, e onde se practica principalmente o esquí de paseo, que integra tanto o esquí alpino coma o de fondo, e que non emprega remontes.

O acceso ata a chaira comeza no lugar de Las Cabanas, e salva un desnivel de 1.255 m nunha distancia de 15,8 km, cunha pendente media de 7,9% e máxima de 10,8%. Ten 70 km en pistas de esquí nórdico, ademais de 30 km para camiñar sobre a neve e 4 pistas de zorra de descenso.

É unha chegada habitual do Tour de Francia, que xa rematou tiradas aquí en 1998, 2002, 2004 e 2007,

Ano Tirada Con comezo en Distancia (km) Categoría da escalada Vencedor Líder do Tour
2007 14 Masamet 170 Categoría extra Alberto Contador Michael Rasmussen
2004 13 Lannemezan 205.5 Categoría extra Lance Armstrong Thomas Voeckler
2002 12 Lannemezan 198 Categoría extra Lance Armstrong Lance Armstrong
1998 11 Bagnères-de-Luchon 170 Categoría extra Marco Pantani Jan Ullrich

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]