Plataforma ¡Democracia Real YA!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acampada no Obradoiro dentro do movemento Democracia Real Xa!.

¡Democracia Real YA!, (en galego Democracia Real Xa!), é un movemento cidadán non partidista de ámbito estatal xurdido en España en 2011.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Manifestación na Puerta del Sol de Madrid o 15 de maio de 2011.

Naceu na internet e nas redes sociais, ao considerar que os cidadáns non están representados nin son escoitados polos políticos do grandes partidos que rexen na actualidade, polo que esixen unha modificación real e pronta no rumbo das políticas sociais e económica que conduciron a taxas récord de desempleo e precariedade no último período democrático, especialmente dentro do contexto da crise económica de 2008-2011. O colectivo denuncia ademais as prácticas das grandes corporacións e os lobbys por tras do bipartidismo que amparan PP e PSOE. O movemento é de carácter pacífico e contrario a formar parte de calquera ideoloxía; opta así mesmo por un cambio do sistema a lograr dentro deste, é dicir, non ten un perfil de antisistema.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plataforma ¡Democracia Real YA!

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]