Planoise
Planoise é un barrio da cidade francesa de Besançon, situada no departamento de Doubs, na rexión do Franco Condado. No ano 1999, o barrio contaba con 21.000 habitantes.
Historia[editar | editar a fonte]
Planoise foi construído durante a década de 1960 nunha paraxe anteriormente dedicada á agricultura. Durante ese período construíronse centos de edificios. Entre 1959 e 1999 a poboación pasou de 100 a máis de 20.000 habitantes. Hoxe, a área está pasando por problemas económicos e sociais.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Lugares de culto[editar | editar a fonte]
- Mesquita Al-Fath, construída en 2005, foi inaugurada en 2008 polo alcalde de Besançon.
- Igrexa Saint-François, construída por Maurice Novarina en 1972.
- Igrexa evanxelista Cépée, construída en 2000.
Infraestruturas deportivas e culturais e outras construcións[editar | editar a fonte]
- Hospital Jean-Minjoz, construído en 1983.
- Piscina Lafayette, construída en 1992-1995.
- Arquivos departamentais, construída en 1986.
- Teatro de Planoise.
- Exposición construción, construída en 1972,
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Planoise |