Placebo (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Placebo (Logo).png
Placebo coachella.jpg
Placebo en directo
Orixe Londres, Inglaterra Flag of England.svg
Período 1994 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo, post-punk revival
Selo(s) discográfico(s) Elevator Music
Membros Brian Molko
Stefan Olsdal
Steve Forrest
Antigos membros Robert Schultzberg
Steve Hewitt
Na rede
placeboworld.co.uk

Placebo (do latín placeo "agradar", 1ª pers. futuro) é unha banda inglesa de rock alternativo formada en 1994 por Brian Molko (guitarra e voz), Stefan Olsdal (baixo) e Robert Schultzberg (batería). Este último deixoulle o seu posto a Steve Hewitt en 1998 que á súa vez foi substituído por Steve Forrest a mediados dos ano 2008.

Biografía[editar | editar a fonte]

A banda inglesa Placebo foi formada polos amigos da infancia Brian Molko e Stefan Olsdal. A pesar do primeiro ser estadounidense e o segundo escocés, eles coñecéranse nun colexio en Luxemburgo, e despois dalgún tempo sen verse, volveron a atoparse en Londres en 1994. Nese mesmo ano deciden formar a banda, que se chamou inicialmente Ashtray Heart (Brian cantaba e tocaba a guitarra e Stefan o baixo). Para a batería reclutaron a Robert Schultzberg, que estaba en Inglaterra para aprender máis sobre percusión e xa coñecía a Stefan, co cal tocara nunha banda de garaxe en Escocia. Despois diso, deciden trocar o nome e chamarse Placebo, e ao final de 1995 lanzan un sinxelo chamado Bruise Pristine, polo selo independente Fierce Panda Records.

Placebo[editar | editar a fonte]

A banda comeza a chamar a atención de moita xente, lanzando algúns sinxelos máis (entre eles, "Nancy Boy", que chegou a estar no cuarto lugar do Top Five inglés) antes de lanzar o seu primeiro disco, auto-titulado, en 1996. Ese disco foi producido por Brad Wood e saíu polo selo Caroline Records. O son da banda logo se destacou por ser algo entre o punk e o pop, pero cunha certa identidade, diferenciándose de bandas como Green Day e Offspring. O son ten un forte acento alternativo, con melodias máis serias e intelixentes que as das dçuas bandas citadas. Destacan cancións como "Teenage Angst", co seu refrão ultra-depressivo ("since I was born, I start to decay, now nothing ever ever goes my way"), "Bionic", que tem um riff de guitarra belíssimo e uma melodia muito linda, e a contagiente "36 degrees".

A banda pasa o resto de 1996 e gran parte de 1997 na estrada, excursionando con nomes como Sex Pistols e Weezer, e ao poucos van chamando tamén a atención de varios artistas, entre eles, Michael Stipe (R.E.M.), Bono (U2) e David Bowie. Participan, inclusive, na festa do 50 aniversario de Bowie, e tocan tamén na xira Popmart de U2. En Inglaterra, o álbum gaña o disco de ouro e a banda é cada vez máis coñecida, non só polo seu son, senón tamén pola estraña imaxe do vocalista e guitarrista Brian Molko. Aínda en 1997, a banda participa na película "Velvet Goldmine", que foi producida por Michael Stipe (R.E.M.) e protagonizada por Ewan McGregor.

Without You I'm Nothing[editar | editar a fonte]

En 1998, xa pola Virgin, lanzan un segundo álbum, chamado "Without You I'm Nothing", que foi producido por Steve Osborne. A banda xa non tiña a Robert Schultzberg, que deixara o seu lugar a Steve Hewitt. Este é un disco un pouco diferente do primeiro: amosa unha banda máis madura, con músicas máis introspectivas e climáticas, con moitas baladas e un certo toque gótico. As letras de Brian son tamén máis tristes, o que se reflicte nas súas emotivas interpretacións.

Black Market Music[editar | editar a fonte]

O terceiro álbum, Black Market Music confirma a sonoridade do disco anterior, con toques máiais introspectivos e intimistas e a mesma atmosfera gótica que se facía presente en Without You I'm Nothing. O disco non foi moi ben recibido pola crítica, principalmente en Inglaterra; a crítica americana amosou opinións divididas, con algúns considerando Black Market Music o mellor traballo de Placebo ata o momento. O grupo seguíu ao longo de 2000 e 2001 facendo concertos en todo o mundo e participando de diversos festivais.

Sleeping with Ghosts[editar | editar a fonte]

2003 marca o lanzamento dun novo disco, Sleeping With Ghosts. Producido por Jim Abbiss, o cuarto álbum de Placebo segue máis ou menos a liña do lanzamento anterior, desa vez cunha mellor receptividade por parte dos seareiros e da crítica.

Na metade do 2004 é lanzado o DVD Soulmates Never Die - Live in Paris 2003, que nos trae á banda tocando en París, coa participación especial de Frank Black. En decembro é lanzado o recompilatorio Once More with Feeling: Singles 1996-2004 (que trae dúas cancións inéditas), á parte dun DVD chamado Placebo - Once More with Feeling - Videos 1996-2004, cos seus videoclips máis coñecidos.

Meds[editar | editar a fonte]

En setembro de 2005 Placebo rematou a gravación du seu último álbum, Meds, o cal foi lanzado o 13 de marzo do 2006. O seu produtor foi Dimitri Tokovoi, amigo do grupo que xa lles produxera no pasado un par de versións, "The Ballad of Melody Nelson" e "Running Up That Hill". O disco conta ademais coa participación de dous músicos en dous temas, VV do grupo The Kills e Michael Stipe de R.E.M.. Segundo Molko, o disco é un regreso ás raíces de Placebo, cun son máis próximo ao do seu primeiro disco.

Meds foi filtrado a internet o 17 de xaneiro do 2006, case dous meses antes do seu lanzamento oficial. A compañía discográfica pensou que este feito causaría unha considerable perda de beneficiós unha vez o álbum estivese no mercado, pero en moitos países o disco estreouse relativamente ben, acadando o número 4 en Australia e o 7 no Reino Unido.

No ano 2006 Placebo cambiou de selo nos Estados Unidos pasándose a Astralwerks e reeditou varias revisións dos seus primeiros traballos. No mes de outubro o seu álbum de estrea, Placebo, foi remasterizado dixitalmente e relanzado co subtítulo "10th Anniversary Collectors Edition"; a caixa incluía tamén un DVD con videos musicais, concertos e aparicións en televisión. Tres temas adicionais, "UNEEDMEMORETHANINEEDU", "Lazarus" e "Running Up that Hill" foron engadidas á versión estadounidense de Meds, mentres que "In the Cold Light of Morning" foi eliminado.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

  • B3 - 2012 (Mercury UK)

Recompilatorios[editar | editar a fonte]