Piyasilis I de Karkemish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Piyasilis (Sarri-Kusuh) foi fillo do rei hitita Suppiluliumas I. Foi rei de Karkemish.

O rei hitita conquistou Kargamis (Karkemish) despois de oito días de asedio, e entrou na cidade e mesmo fixo ofrendas á deusa tutelar da cidade e a outra deusa local, probabelmente Kubaba; a cidade foi saqueada e fixéronse 3300 prisioneiros. Despois reunificou a terra de Kargamis e a cidade de Kargamis baixo unha xurisdición única e deu o trono de Kargamis ao seu fillo Piyasilis (sobre -1330)

Foi rei ata a súa morte, probabelmente despois do -1300.