Pythonidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pitón")
Pitón real

As pitóns ou pythonidae son unha familia de serpes constrictoras. O xénero Python foi descrito por Daudin en 1803. As pitóns pódense distinguir das boas en que teñen dentes no premaxilar, un pequeno óso na parte frontal da mandíbula superior. A maioría das boas dan a luz crías vivas, mentres que as pitóns poñen ovos. Algunhas especies de boas de area (subfamila Ericinae) coñécense erroneamente como pitóns.