Camille Pissarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pissarro")

Pissarro coa sùa muller no ano 1877.
Nome Camille Pissarro
Nacemento 10 de xullo de 1830
Lugar de nacemento Charlotte Amalie, Illas Virxes Estadounidenses
Morte 13 de novembro de 1903
Lugar de morte Éragny-sur-Epte, Francia
Eido pintura
Movemento impresionismo

Jacob Abraham Camille Pissarro, nado en Saint Thomas o 10 de xullo de 1830 e finado en París o 13 de novembro de 1903, foi un pintor impresionista francés.

Biografía[editar | editar a fonte]

Camille Pissarro naceu o 10 de xullo de 1830 na illa San Tomé, unha das Illas Virxes Estadounidenses , entón posesión danesa, onde os seus pais posuían unha empresa de ferraxería no porto de Charlotte Amalie (capital das Illas Virxes), o que lle confire a nacionalidade danesa que gardará toda a súa vida [1].. O seu pai Frédéric, de orixe portuguesa pero nado en Burdeos, é de nacionalidade francesa [2]. En 1842, aos doce anos, sae estudar à Francia en Passy (cidade que pasou a ser parte de Paris), na pensión Savary, despois volve no ano 1847 a súa illa natal onde quedará cinco anos traballando no comercio familiar.

En 1852, vaise à Caracas, en Venezuela, cun amigo, Fritz Melbye, artista danés que deixou unha pegada importante no seu destino. Queda alí ata 1854 a pintar e debuxar, logo volta à San Tomé un ano aa empresa familiar.

A mediados de setembro do ano 1855, ano da Exposición Universal en París, desembarca na capital francesa para estudar. Nunca máis volvera as Américas. En París, enfrontouse coa complexidade do mundo artístico, cos seus salóns, as súas exposicións, as súas academias, as súas eleccións e as súas contradicións. A súa situación económico é difícil. Pinta letreiros para sustentar a súa familia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pissarro

Antes de establecerse en Francia, viaxou a Caracas (1852), acompañado do seu mestre o pintor dinamarqués Fritz Melbye, adicándose plenamente á pintura, realizando paisaxes e escenas de costumes.

En 1855 trasladouse a París, onde asistiu á Escola de Belas Artes e á Academia de Jules Suisse. Alí estuda co paisaxista francés Camille Corot e traba amizade con Claude Monet, Cézanne e Guillaumin. Claude Monet e Pisarro coincidiron en Londres, onde coñeceron a Durand-Ruel (1831-1922), quen se converteu a partir dese intre no marchante "oficial" do grupo. Pisarro e Monet fixeron en Londres estudos de edificios envolvidos en néboas.

O seu estilo nesta época é bastante tradicional. Asóciaselle coa Escola de Barbizon, aínda que pasado algún tempo decide integrase no impresionismo. Ao volver a Francia logo da súa estancia en Londres participa plenamente no movemento impresionista, sendo cofundador do mesmo e o único que participa nas oito exposicións do grupo (1874-1886).

Durante a Guerra franco-prusiana, (1870-1871), volve residir en Inglaterra, onde estuda a arte inglesa e en especial as paisaxes de William Turner. Nos anos 80 experimenta co Puntillismo influenciado polos neoimpresionistas Seurat e Signac, cos que se atopa en 1885, pero abandona esta técnica a partir de 1889 por considerar que require investir unha grande cantidade de tempo na realización de cada lenzo [3]. Produce escenas rurais de ríos e paisaxes; escenas rueiras en París como A rúa Saint-Honoré despois do mediodía. Efecto de choiva [4].

Atraído pola terra e influenciado por Degas e polos seus retratos de obreiras parisinas [3], pintou a vida rural francesa, en particular paisaxes e escenas representando persoas traballando no campo, aínda que sen se preocupar tanto por describir os xestos nin as poses relacionadas coas tarefas [3]. Do período chamado de Pontoise (1872-1884, aproximadamente) datan as súas mellores obras inspiradas en Monet e Cézanne: A sega en Montfoucault (1876), Os tellados vermellos (1877), Primavera en Pontoise (1877). Tras un período neoimpresionista, volve ao lirismo e ao esplendor cromático do impresionismo. Tamén son famosas as súas escenas de Montmartre.

En 1895, un empeoramento da enfermidade ocular que padecía obrígalle a pintar paisaxes urbanas de París desde a fiestra da súa casa: Avenida da Ópera, Xardín das Tullerías e Efecto de neve.

A obra de Pissarro, que abarca todos os xéneros, está representada no Museo de Orsay de París e en case todos os museos de arte moderna do mundo. Como profesor tivo como alumnos a Paul Gauguin, Paul Cézanne, o seu fillo Lucien Pissarro e a pintora impresionista estadounidense Mary Cassatt.

Galería de obras[editar | editar a fonte]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Ficha do museo de Orsay : [1]
  2. Pissarro é descendente dunha familia orixinaria de Bragança en Portugal, preto da fronteira española. Os seus antecesores son marranos, é dicir xudeus sefardí obrigados de converterse ao catolicismo. Esta dobre pertenza relixiosa aínda perdura co seu pai, e conducirao a declararse ateo (casará civilmente coa súa muller católica) e mesmo librepensador. Despois de ter ideas conservadoras, volverase nos anos 1880 un fervente adepto ao anarquismo libertario predicado por Pierre-Joseph Proudhon.
  3. 3,0 3,1 3,2 ["Entender mejor la pintura en Orsay", Artlys 2001, ISBN 2-85495-186-7]
  4. A rúa Saint-Honoré despois do mediodía. Efecto de choiva (1897, Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid), Lle Havre e Londres

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camille Pissarro Modificar a ligazón no Wikidata