Pishtaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pishtaco ou nakaq é un ser mitolóxico da tradición andina peruana. A palabra pishtaco provén do quechua pishtay (cortar en tiras); a lenda do pishtaco o pishtaku como asasino a soldo xorde entre a poboación dos Andes peruanos, en especial nos departamentos de Junín, Huancavelica, Cuzco, Ayacucho, Apurimac, Pasco e a serra de Lima.

Segundo Tauro del Pino no seu dicionario enciclopédico do Perú trataríase dun bandoleiro cuxa ocupación é asaltar mulleres ou homes solitarios. Degola ás súas vítimas para comer a súa carne en forma de roxóns e vender a graxa. Ou ben as enterra, ás veces con vida, para fecundar a terra ou dar solidez ás construcións.

A figura do pishtaco aparece dende moi antigo na tradición quechua, xa se teñen novas de sicarios enviados polos grupos de poder ou etnias rivais para eliminar a persoas importantes ou minguar a poboación en épocas prehispánicas.

Ricardo Palma menciona nas súas Tradiciones Peruanas (Los Barbones) a figura do pishtaco ou naqak en Cuzco, narra a agresión que os indíxenas cusqueños infrinxiron a un grupo de betlemitas acusándoos de pishtacos, pois a dicir destas persoas os frades secuestraban persoas as que extraían a graxa para elaborar os ungüentos cos que curaban no hospital que tiñan ao costado da súa igrexa e mosteiro.

O seu aspecto[editar | editar a fonte]

Adoita tratarse dun estranxeiro, un foráneo. Descríbeno coma un home alto e loiro de ollos claros e complexión atlética.

O seu modus operandi[editar | editar a fonte]

O pishtaco é un bandoleiro solitario, carece de compañía ou apoio, se é capturado pola poboación matarase para non revelar os seus segredos; non así se o capturan as autoridades, pois crese que actúa baixo o amparo do goberno coma un axente secreto. Actúa protexido pola soidade dos camiños que unen as vilas, ataca a persoas soas que viaxan distraidamente; agarda por elas nun recodo do camiño e as degola inmediatamente sen darlles posibilidade de defensa. Para iso emprega unha especie de coitelo corvo moi afiado e groso que agocha entre as súas roupas.

As vítimas[editar | editar a fonte]

O pishtaco non mata por gusto, nin indiscriminadamente; ataca só a persoas de baixos recursos, viaxeiros; pénsase que é enviado por alguén poderoso, probablemente un estranxeiro, cun fin específico. Os cadáveres das súas vítimas son empregados para extraerlles a graxa e empregala en diversas cosas.

Din que os colonizadores asentados na zona andina asasinaban a poboadores comúns baixo cargos de herexía ou desacato.

Un asasino protexido[editar | editar a fonte]

Se ben o pishtaco actúa de xeito solitario, recibe apoio indirecto. A poboación está convencida de que é un axente do goberno ou que -podendo ser enviado dun país estranxeiro- conta co apoio dos poderes locais facendo que poida gozar de total impunidade. É esta a principal causa pola que a xente non se animou a denuncialos, pois temen que ao facelo sexan castigados ou desaparecidos por atentar contra os intereses económicos do Estado.

Evolución do personaxe[editar | editar a fonte]

A imaxe do pishtaco evolucionou dentro do imaxinario colectivo, dende un sicario indíxena durante o incario, ata un gringo habilidoso co oficio de degolar semellantes; pasando por tipos europeos. Ao parecer reflicte unha metáfora con respecto á explotación foránea dos lugareños.

Literatura[editar | editar a fonte]

A figura do pishtaco está moi presente na novela Lituma en los Andes de Mario Vargas Llosa. Tamén faise personaxe no conto homónimo de Dante Castro.

Ligazóns[editar | editar a fonte]