Piramidión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piramidión restaurado, orixinalmente situado na cúspide da pirámide Vermella.
Piramidión dourado na cúspide do obelisco da Praza da Concordia en París.

O piramidión era a pedra de pequenas dimensións que servía de remate nos obeliscos ou tamén a última pedra que se colocaba na cúspide das pirámides. O piramidión estaba decorado e converteuse por dereito propio nun obxecto simbólico, empregandose como trazo máis impresionante das pequenas pirámides de ladrillo das tumbas privadas do Imperio Novo do Antigo Exipto (Deir el-Medina, Saqqara) e do Período Tardío (Abidos). Nestes casos, decorábanse con escenas de adoración ao sol ou referidos á súa viaxe na barca solar.

Por extensión, chámaselle tamén piramidión a calquera pirámide de base ancha e pouca altura que se aplica a modo de remate sobre algúns elementos arquitectónicos ou decorativos.