Piquelo azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piquelo azul
Sitta europaea wildlife 3.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Passeridae
Xénero: Sitta
Nome científico
Sitta europaea, Linnaeus, 1758
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O piquelo azul (Sitta europea) é un paxaro da familia Passeridae, estendido por Asia e Europa, excepto, nesta, en Irlanda.

É moi sociábel, excepto en període de reprodución. É extremadamente áxil e escala nos árbores con facilidade, véndoselle, ás veces, descender por eles cabeza abaixo.

Índice

[editar] Descrición

Sitta europaea wildlife 4.jpg

O piquelo azul mide uns 14 cm de longo, e ten unha típica cabeza grande, rabo curto, pico poderoso e patas fortes. É de cor gris azulada por arriba, e ten unha especie de lista negra nos ollos. Os especies de Asia e do Norte de Europa (S. e. asiatica e S. e. europaea respectivamente) son brancos por embaixo, salvo no peito e na área ventral. Os exemplares de Europa occidental (S. e. caesia) ten as partes de embaixo polo xeral dunha cor vermelliza. Os paxaros novos son versións "esvaídas" dos adultos.

É un paxaro alegre, do que é frecuente escoitar o seu son típico, un repetido "tuí-tuí-tuí".

[editar] Alimentación

Durante a primavera e verán aliméntase, sobretodo, de insectos; no resto do ano gosta de graos, bagas, noces, abelás, landras, baias de faias, que con frecuencia mete entre a cortiza para poder fender. Acude aos comedeiros artificiais.

[editar] Hábitat

Prefire hábitats boscosos, sobretodo vellos, mixtos ou de follaxes, sebes, parques e grandes xardíns con árbores vellos.

[editar] Reprodución

Gosta dos antigos niños, forrados de cortizo e de follas, con orificio que tapiza de lama. Pon de 6 a 9 ovos nun posta, entre os meses de abril e xullo.

[editar] Nomes noutras linguas

  • Alemán: Kleiber
  • Inglés: Nuthatch
  • Español: Trepador azul
  • Italiano: Picchio muratore
  • Sueco: Nötväcka
  • Polaco:Kowalik
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas