Pipino o Vello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinastía Carolinxia
Pipínidas
Arnúlfidas
Carolinxios
Despois do Tratado de Verdún (843)

Pipino de Landen ou Pipino o Vello (naceu sobre 580, morreu o 27 de febreiro de 639).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi Mordomo de Palacio de Austrasia a partir do 615, durante o reinado de tres reis merovinxios, pero Dagoberto I tiroulle o cargo en 629. Cargo que volveu a exercer trala morte do rei en 639. Posuía un vasto dominio en Austrasia. Pola súa filla Begga (620-695), foi o primeiro antepasado dos Pipinidas dando orixe á Dinastía Carolinxia. A súa outra filla, Gertrude (626-659) foi abadesa de Nivelles, chegou a ser santa e é patroa de Landen. Nomeou ao seu fillo Grimaldo (616-656) mordomo de palacio. Pipino foi asasinado en París despois de usurpar o poder real.