Pipe Dream

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pipe Dream, coñecido en Europa como Pipe Mania, é un videoxogo realizado en 1989 por LucasFilm Games orixinalmente para o Amiga, realizáronse versións para Acorn Electron, Amstrad CPC, Apple II, Atari ST, BBC Micro, Commodore 64, Commodore 128, Game Boy, Macintosh, NES, Sam Coupé, ZX Spectrum e tamén para DOS e Windows 3.1.

O programa consiste en situar correctamente as tuberías que sexan precisas en cada momento e que manteñan a auga canalizada.