Pinoy Idol
| Pinoy Idol | |
|---|---|
| NTSC 480i | |
| Formato | Competición musical |
| Creado por | Simon Fuller |
| Desenvolvido por | FremantleMedia, 19 Entertainment, CKX, Inc. |
| Producido por | Perry Lansigan |
| Presentado por | Raymond Gutierrez |
| Localización(s) | Top 24: FILMEX Studio, Makati City Top 12: CenterStage, SM Mall of Asia, Pasay City Final: SMX Convention Center, SM Mall of Asia, Pasay City |
| Cadea | GMA Network |
| Día da estrea | 5 de abril de 2008 |
| Última emisión | 17 de agosto de 2008 |
| Número de temporadas | 1 |
| Número de episodios | 37 |
| Páxina web oficial | |
Pinoy Idol foi un concurso competición musical interactivo das Filipinas creado e desenvolvido por FremantleMedia e 19 Entertainment que emimtiu GMA Network en 2008 baseado no Pop Idol británico.
Desenvolvemento [editar]
O programa buscaba descubrir ao mellor cantante no país a través dunha serie de audicións e actuacións en directo por todo o país e que se debía determinar por voto do público a través de SMS, non foi o primeiro programa filipino da franquía Pop Idol, no ano 2006 a Associated Broadcasting Company xa emitira Philippine Idol, malia iso GMA promoveu o programa como a primeira competición Idol das Filipinas e non recoñeceu á súa gañadora, Mau Marcelo como a primeira Idol filipino.[1]. O Pinoy Idol tiña como presentador a Raymond Gutierrez, con Ogie Alcasid, Jolina Magdangal e Wyngard Tracy como xuíces. Gretchen Espina gañou a outros dous contendentes na final, converténdose na primeira gañadora do Pinoy Idol.