Pino, Cospeito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°12′59″N 7°37′27″W / 43.21639°N 7.62417°W / 43.21639; -7.62417

Pino
Torre de Caldaloba interior.jpg
Torre de Caldaloba
Concello Cospeito
Área 15,6 km²
Poboación 495 hab. (2008)
Densidade 31,73 hab./km²
Entidades de poboación 19

San Martiño de Pino é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, pertence ao arciprestado de Trobo, delimitada polas parroquias de Oleiros e Seixas polo norte; Xoibán e Támoga polo sur; Vilapene e Cospeito polo leste, e Nete polo oeste.

Pino conta con 495 veciños nunha extensión de 15,6 km², cunha densidade media de 31,7 hab/km² (ano 2008).

A poboación encóntrase agrupada en 19 lugares ou barrios (entre paréntese habitantes no 2008): Bouza (17), Broz (24), Carracido (32), A Casiña (10), O Castro (15), A Costa (34), Desecabo (25), Fontesalgueira (47), A Fraga (2), Gaioso (16), Guldeiros (29), Infesta (54), O Mato (83), A Millarada (12), O Monte (3), Porto (31), A Quenlla (9), A Rabadá (46) e O Sumeiro (6).

O Castelo e o Pazo de Caldaloba[editar | editar a fonte]

Nesta freguesía atópase o Castelo de Caldaloba que consta dunha torre de 25 m. de altura, emprazada no antigo couto do Mato aproveitando o emprazamento defensivo dun antigo castro, con 4 fosos. Só se conserva a torre da homenaxe do antigo castelo, de catro plantas, de anchos muros de cachotería de xisto e de granito, planta cadrada, remate superior abovedado e varios estreitos ventanais.

Foi propiedade do Mariscal Pardo de Cela, e lugar onde a súa filla Constanza de Castro se rebelou en 1483 contra os enviados dos Reis Católicos, como vinganza á decapitación do seu pai en Mondoñedo. As revoltas Irmandiñas e o paso do tempo ocasionaron o seu actual estado ruinoso, pois queda abandonada desde o s. XV, aínda que actualmente as súas ruínas están consolidadas. Cóntase a existencia dun túnel que parte do castelo ata o pazo de Caldaloba, que se atopa preto da fortaleza.

Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino[editar | editar a fonte]

O 21 de xaneiro de 2007 nace a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino, unha asociación sen ánimo de lucro, aconfesional e non partidista, que ten como obxectivos defender os intereses lexítimos da comunidade veciñal, tanto a nivel persoal, familiar ou parroquial, atendendo ao fomento do benestar e intereses comúns dos membros da parroquia, así como fomentar o desenvolvemento e a formación humana cultural e social, promovendo actividades artísticas, culturais, deportivas e recreativas.

Na actualidade conta con máis de 100 familias asociadas tanto da propia parroquia de Pino como de persoas nacidas en Pino e residentes noutros lugares.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Pino[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Pino no concello de Cospeito (Lugo)

Bouza | Broz | Carracido | A Casiña | O Castro | A Costa | Desecabo | Fontesalgueira | A Fraga | Gaioso | Guldeiros | Infesta | O Mato | A Millarada | O Monte | O Porto | A Quenlla | A Rabadá | O Sumeiro

Parroquias de Cospeito[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cospeito

Arcillá (San Paio) | Bestar (Santa María) | Bexán ou Rubiños (San Paio) | Cospeito (Santa María) | Goá (San Xurxo) | Lamas (San Martiño) | Momán (San Pedro) | Muimenta (Santa Mariña) | Pino (San Martiño) | Rioaveso (Santalla) | Roás (San Miguel) | Santa Cristina (San Xiao) | Seixas (San Pedro) | Sisoi (Santalla) | Sistallo (San Xoán) | Támoga (San Xiao) | Vilapene (Santa María) | Vilar (Santa María) | Xermar (Santa María) | Xustás (Santiago)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]