Pine Bluff, Arcansas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pine Bluff")
Rúa principal de Pine Bluff, co tribunal do condado ao fondo

Pine Bluff é a capital do condado de Jefferson en Arkansas (Estados Unidos). A cidade tiña unha poboación de 49.083 habitantes segundo o censo de 2010 [1]. Localízase na sección sueste do estado, no Delta de Arkansas á beira do río Arkansas, a súa topografía é plana, cun gran número de regatos e bayous nos seus arredores. A maior parte da poboación é afroamericana.


Historia[editar | editar a fonte]

No momento da chegada dos europeos o principal pobo nativo da rexión eran os quapaw, algúns comerciantes españois e franceses asentáronse na zona establecendo relacións comerciais e casaron con mulleres indíxenas, un fillo dunha destas relacións, Joseph Bonne estableceuse logo dunhas inundacións en 1819 nun outeiro (bluff en inglés) a uns quilómetros do asentamento quapaw, no lugar no que actualmente se levanta a cidade[2]. A partir de 1824 uníronse outras familias europeas. En 1829 a lexislatura estatal estableceu o condado de Jefferson, establecéndose en 1832 a súa capital no asentamento de Bonne, que a partir de outubro pasou a se denominar oficialmente Pine Bluff Town. Durante a Guerra Civil e como consecuencia da Proclamación de Emancipación na localidade instaláronse moitos refuxiados afroamericanos que fuxían da escravitude imperante na Confederación.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]