Pimpinela
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Pimpinela | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Bos Aires, |
| Período | 1981 - actualidade |
| Xénero(s) | Balada e música pop |
| Selo(s) discográfico(s) | Universal |
| Membros | Lucía Galán Joaquín Galán |
| Antigos membros | |
| Web oficial | Pimpinela.net |
Pimpinela é un dúo musical arxentino composto polos irmáns Lucía Galán, nada o 23 de maio de 1961, e Joaquín Galán, nado o 21 de xullo de 1956.
Traxectoria [editar]
Pimpinela ten editado 22 discos polos que acadaron 85 discos de ouro, platino e diamante. No 2001 tiñan vendidas 18 millóns de copias e no 2012 (11 anos despois) superaron os 25 millóns en todo o mundo. Os seus temas teñen versións en inglés, italiano e portugués. O seu recoñecemento nacional e internacional ó longo de toda a súa traxectoria fixo que se tornasen moi coñecidos en toda América Latina, Europa, os Estados Unidos, Canadá e mesmo Marrocos.