Pimpín real
| Pimpín real | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho |
|||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Fringilla montifringilla'' (Linnaeus, 1758) |
|||||||||||||||
O pimpín real (Fringilla montifringilla) é unha ave da familia Fringillidae caracterizada por posuír un ventre branco, unhas ás escuras cunha franxa alar inferior esbrancuxada e unha superior laranxa, unha cabeza parda e un peteiro amarelo. É menos común có pimpín, máis pódese ver reunido en amplos flocos en Centroeuropa, sobre todo no inverno.
O seu reclamo é duro, nasal; o chío, zumbante, tamén nasal.
O seu niño ten forma de cunca, forrado de liques, codias, raíces e talos, pelo e plumas; alberga de cinco a sete ovos, postos nunha niñada, de maio a xuño.
Aliméntase de insectos e sementes, que captura no chan.
Aniña na Escandinavia e nordés de Europa, nos bosques caducifolios. En inverno atópase por toda Europa, sobre todo en bosques de faias, bidueiros e abetos; pode formar grupos, bandadas, enormes: de ducias a millóns de exemplares.
Galería de imaxes [editar]
Ligazóns externas [editar]
Notas [editar]
- Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Edicións Omega ISBN 84-282-1317-8