Pimpín carmíneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pimpín carmíneo

Macho en Polonia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: Carpodacus
Especie: C. erythrinus
Nome binomial
'Carpodacus erythrinus'
(Pallas, 1770)
Mapa de distribución
Mapa de distribución

Mapa de distribución
Sinonimia

Erythrina erythrina

Carpodacus erythrinus.

O Pimpín carmíneo (Carpodacus erythrinus) é unha ave típica do extremo norte europeo e visitante esporádico no sur de Europa.

Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]

Especie coa cabeza, peito e rabadilla vermello carmín. Bandullo ocre con tonalidades brancas. As femias son pardas e carecen do vermello característico dos machos. Alcanza os 14–15 cm de lonxitude e os 21 gramos de peso. O peteiro é pequeno mais robusto e forte. De carácter discreto e silandeiro. Complicada de detectar. Habita en bosques húmidos, alimentándose de gromos, sementes e insectos.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Carpodacus erythrinus
Carpodacus erythrinus

A cría realízase nos meses de xuño e xullo. O niño acostuma estar en matogueiras e adoita conter entre 4 e 6 ovos. O tempo de incubación é de 13-14 días e o de permanencia no niño entre 14 e 17 días.

Distribución[editar | editar a fonte]

Noroeste de Rusia, Polonia, sueste de Escandinavia e Cáucaso. Poboacións illadas nas zonas montañosas de Suíza e Austria. Hiberna na India. Varias citas ibéricas no sector mediterráneo e Andalucía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)