Pilro tridáctilo
| Pilro tridactilo | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Calidris alba | ||||||||||||
O pilro tridactilo (Calidris alba) é unha ave limícola de pequeno tamaño.
Índice |
Descrición[editar]
Mide de 18 a 21 cm de lonxitude. No inverno destaca pola súa plumaxe moi clara: a parte superior é gris ou gris moi clara, case branca, a inferior é branca. Teñen unha mancha negra nos ombreiros. As patas e o bico son escuras. Ten tres dedos nos pés, faltando o dedo posterior. En voo teñen aparenza gris pratexada, cunha banda alar branca ben visible.
Reprodución[editar]
Cría na tundra ártica na tundra e en illas árticas coma as Spitzbergen. A subespecie Calidris a. alba cría na zona euroasiatica e a C. a. rubida, na americana.
A época de cría é curta. Fan en xeral dúas postas de 3 ou 4 catro ovos de cor verde oliva cada unha.
Hábitat é distribución[editar]
En inverno aparece a miúdo en prais de área, nas que captura crustáceos é vermes. É caraterística a súa habilidade para fuxiren das olas sen ter que voar. Dependendo das poboboacións fan só migracións curtas no inverno ou de longa distancia, que os levan ata Sudáfrica, Australia e Sudamérica
Galería de imaxes[editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Calidris alba de Galicia.
