Pilro ferruxento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilro ferruxento
Limicola falcinelluas - Pak Thale.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: 'Calidris'
Especie: ''C. ferruginea''
Nome binomial
''Calidris ferruginea''
(Pontoppidan, 1763)
Sinonimia

Erolia ferruginea (Vieillot, 1816)

O pilro ferruxento (Calidris ferruginea) e un pilro (ave da familia Scolopacidae) que cría na tundra siberiana.

Descrición[editar | editar a fonte]

Mide 20 cm escasos (máis ou menos coma un estorniño) e ten unha envergadura de alas duns 35 cm. Pesa entre 40 e 60 g. A idade máxima coñecida é de 17 anos. O peteiro é longo e lixeiramente curvado, semellante ó doutras especies de pirlos. Coa plumaxe invernal (gris pálida na parte superior do corpo e branca na inferior, cunha mancha superciliar tamén branca) é doado confundilo co pilro común, aínda que ten as patas máis longas, é algo máis claro de coloración e de movementos máis silenciosos. Coa plumaxe de cría a diferencia é máis clara: teñen a parte superior gris escura, e a parte inferior é de cor vermella ferruxenta. As aves novas teñen o lombo gris e castaño, o ventre branco e o papo da cor dos pexegos. As patas son sempre negras.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

O pilro ferruxento é unha ave migratoria, que pasa o inverno en África, e tamén no sur e sudeste de Asia e mesmo en Australasia. No oeste de Europa é unha ave de paso, que aparece durante a súa viaxe ó oeste de África. Aparece esporadicamente en Norteamérica. A súa zona de cría está no norte de Siberia. Cría en zonas de tundra non moi lonxe da costa ou das beiras dos ríos. Durante a viaxe migratoria poden verse nas costas e, máis ó raro, en augas interiores.

Alimentación[editar | editar a fonte]

É exclusivamente animal: comen vermes, moluscos pequenos, caracois e insectos. Durante a época de cría moitas típulas e mosquitos. Capturan as presas camiñando pola lama branda das beiras dos ríos ou da costa.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Calidris ferruginea

Maduran sexualmente a partir do terceiro ano de vida. As parellas fórmanse, en xeral, nas áreas de invernada. A época reprodutora vai de mediados de maio a finais de xuño. As femias poñen ata cinco ovos.

Comportamento e status[editar | editar a fonte]

O pilro ferruxento é unha ave moi gregaria, que forma bandos con outras especies de limícolas, particularmente co pilro común. Ocasionalmente hibrida con outras especies de pilros coma Calidris acuminata e Calidris (Erolia) melanotos producindo as falsas "especies" ("Calidris" × cooperi) e ("Calidris" × paramelanotos), respectivamente.

O número de exemplares parece estar en relación coa abundancia de lemmings. En anos en que estes teñen poboacións baixas, os depredadores árticos capturan moitos pilros no seu canto.

É unha das aves incluidas no ANWA (Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de Eurasia e África)

Nome común noutras linguas[editar | editar a fonte]

  • Alemán: Sichelstrandläufer
  • Español: Correlimos zarapatín
  • Francés: Bécasseau cocorli
  • Inglés: Curlew Sandpiper
  • Italiano: Piovanello
  • Neerlandés: Krombekstrandloper
  • Noruegués: Tundrasnipe
  • Sueco: Spovsnäppa

Notas[editar | editar a fonte]

  • Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A. & Székely, Tamás (2004): A supertree approach to shorebird phylogeny. :

PDF fulltext Supplementary Material

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]