Pilro común
| Pilro común | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Calidris alpina | ||||||||||||
O Pilro común (Calidris alpina) é unha ave da familia Scolopacidae.
Índice |
Descrición [editar]
Os adultos miden entre 17 e 21 cm, cunha envergadura de alas de entre 32 e 36 cm. Pesan de 40 a 60 gramos e poden vivir ata 24 anos. O bico é longo e lixeiramente curvado. Os ollos e as patas, que son de lonxitude media, son castaños escuros. En inverno son castaños por arriba e co ventre branco. Na época de cría ao ventre ten una coloración negra e a parte superior e castaña avermellada. Machos e femias son de plumaxe semellante,
Hábitat [editar]
Na época de cría viven principalmente en zonas de tundra. Durante a emigración aparecen nas costas e marismas da Europa central. Pasan o inverno nunha área que vai do suroeste do continente europeo ata o oeste de África. O seu habitat preferido son zonas de lama, pantanos e zonas con uzes e prados salgados.
Alimentación [editar]
Comen insectos e larvas, que capturan de zonas cunha pequena capa de auga. Na época de migración capturan tamén caracois, vermes e pequenos crustáceos.
Reprodución [editar]
Maduran sexualmente ó ano de idade. Fan o niño agachado entre a vexetación do chan. Entre abril e xullo poñen catro ovos castaños con marcas castañas máis escuras. Chocan unhas tres semanasm, e os pitos son capaces de voar 3 semanas despois de saíren do ovo.
Ligazóns externas [editar]
- Videos sobre o Pilro común na Internet Bird Collection