Piliscsaba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Piliscsaba é unha cidade en Hungría que conta con 5.500 habitantes. Está localizada no extremo noroeste do distrito de Pest próximo ó límite con Komárom-Esztergom no val entre as cordilleiras de Buda e Pilis. Pola súa proximidade a Budapest unha parte importante da poboación traballa ou estuda alí. A cidade divídese en tres zonas diferenciadas:Magdolna-völgy (a zona nova da cidade), Klotildliget, e a área delimitada pola vía de ferro.

Klotildliget está arrodeada polo bosque e dous grandes outeiros, coñecidos como Kiskopasz e Nagykopasz. Na parte occidental da cidade situase as instalacións dependentes da Universidade Católica de Péter Pázmány que se construíu no lugar que ocupaban unhas antigas instalacións soviéticas.