Pilar Neira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilar Neira
Pilar Neira en 2013.
Información persoal
Nacemento 1963 e 2 de xuño de 1963
Lugar de nacemento Londres
editar datos en Wikidata ]

Pilar Neira Martínez, nada en Londres en 1963, é unha exfutbolista e adestradora de fútbol galega.

Traxectoria como xogadora[editar | editar a fonte]

Criada na cidade da Coruña, practicou como deportista o fútbol e o balonmán. Comezou xogando ao fútbol en 1976 no Karbo CF, equipo de fútbol feminino que en 1980 sería absorvido polo Deportivo pasándose a chamar Karbo Deportivo co que gañou tres campionatos de España. En 1982[Cómpre referencia] fichou no Maravillas SD e posteriormente polo Brigantium CF[1], e en 1985 gañou o campionato de España de seleccións territoriais representando a Galicia.

Traxectoria como adestradora[editar | editar a fonte]

En 1982 obtivo o título de adestradora nacional. Como adestradora ascendeu o Orzán SD a Primeira Nacional e gañou tres campionatos de España. Tamén foi adestradora do Imperátor, e dos equipos de fútbol sala da Capela, o Breogán e o Riazor[2].

En 2007 converteuse na primeira seleccionadora da selección galega de fútbol feminino, posto que ocupou ata 2009.

Ademais, é a presidenta da Asociación de Mulleres Deportistas de Galicia e do Balonmán A Coruña.

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Está casada e ten unha filla. É seareira do Deportivo da Coruña[1].

Notas[editar | editar a fonte]