Pilar López de Ayala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pilar López de Ayala (Madrid, 18 de setembro de 1978) é unha actriz española. Empezou traballando en series de televisión como Menudo es mi padre, dirixida por Manuel Valdivia e Guillermo F. Groizard. De aí pasou a Al salir de clase e pronto deu o salto ó cine con Besos para todos. A súa confirmación definitiva foi co papel protagonista en Juana la Loca de Vicente Aranda, que lle valeu un premio Goya á mellor interpretación feminina interpretando o papel principal e a Cuncha de Prata á mellor interpretación feminina no Festival de Cine de San Sebastián.

No 2005 estreou Obaba de Montxo Armendáriz, película proposta por España aos Oscar 2005, aínda que non quedou nominada entre as cinco candidatas á Mellor película estranxeira.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Festival Internacional de Cine de San Sebastián[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2001 Cuncha de Prata á mellor actriz Juana la Loca Gañadora

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2005 Premio Goya á mellor interpretación feminina de reparto Obaba Candidata
2001 Premio Goya á mellor actriz protagonista Juana la Loca Gañadora
2000 Premio Goya á mellor actríz revelación Besos para todos Candidata

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]