Pilar Otilia López
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pilar López García")
María Pilar Otilia López García, nada en Ramirás en 1939, é unha mestra e política galega.
Índice |
Traxectoria[editar]
Mestra de profesión, sucedeu a seu irmán no cargo de alcalde do concello de Ramirás en 1975. Foi a primeira muller alcaldesa da provincia de Ourense. Goberna coas siglas do PPdG. Tras obter numerosas maiorías absolutas, en 2007 obtivo 6 dos 11 escanos que compoñen o concello de Ramirás; 5 deles ocupados polo BNG. En marzo de 2011 ratificou que se volvería a presentar ás eleccións municipais de 2011, nas que volveu obter a maioría absoluta.
Ostenta o récord de alcaldesa con máis anos de mandato en Galicia, levando no cargo de forma ininterrumpida desde 1975.
| Predecesor: López García |
alcaldesa de Ramirás 1975 - |
Sucesor: no cargo |