Pilar García Rego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pilar G. Rego»)
Infotaula de personaPilar García Rego

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Cacheiras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2018111 Dialnet: 5338417 Editar o valor em Wikidata

Pilar García Rego, nada en Cacheiras (Teo) o 29 de agosto de 1966,[1] é unha xornalista, presentadora e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xornalista[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional en Radio Galicia, na cadena SER a finais dos anos oitenta onde presentou e dirixiu varios programas como El últmo desván. No ano 1989 comou a traballar como locutora na Televisión de Galicia. En 1990 copresentou Crocante con Alberto Avendaño,[2]. Foi redactora de Cousas da Lingua. A partir de aquí fixo labores de redacción e presentación en Esto é noticia en 1995, programa que dirixiu na súa edición de fin de semana; De todo corazón (dende o 23 de setembro de 1996) con Iolanda Vázquez. Estivo na redacción dos primeiros talk shows da TVG como Bis a Vis ou Tardes con Ana. Dende o 18 de maio de 1998 o concurso cultural Todos a bordo e, estreado o 20 de xaneiro de 2003, dirixiu O sabichón, un microespazo feito en colaboración coa UE e outros programas especiais.

Entre 2006 e 2013 presentou máis de douscentos programas de Alalá.[3], un dos espazos máis premiados desta canle: gañou o Premio da Comunicación 2007, o Premio da Crítica de Galicia en 2007, Premio da Aula Gómes Mouro, Premio Recuncho da Palleta, Premio da Academia Española de TV, Premio Constantino Bellón. Foi redactora do programa de música No bico un cantar dende o 23 de setembro de 2013.

Desde 2013 presenta Zigzag diario.[4], espazo cultural gañador de cinco Premios Mestre Mateo consecutivos, o premio da Gala do Libro Galego ou o Martín Códax a mellor programa de música.

Escritora[editar | editar a fonte]

Como escritora de ficción, realizou o guión de A casa do barqueiro (2002), proxecto de longametraxe. E goi guionista e/ou editora de series coma Avenida de América, Rías Baixas, Libro de Familia e O Faro.

Publicou en 2019 o seu primeiro poemario, Sandalias verdes zapatou azuis e cans negros editado por Xerais. No 2021 participou no Manifesto 25-N 30 voces pola eliminación da violencia contra a muller e no número 229 da revista Grial.[5] O mesmo ano publicou Humanario coa Editorial Galaxia. En 2023 prologou o libro As que dormen entre o centeo, primeiro libro de partituras de gaiteiras da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Manifesto 25-N 30 voces pola eliminación da violencia contra a muller. Ed. Alvarellos e Asoc. cultural Caldaloba.
  • Así fala Penélope, antoloxía de xénero de M. Dacosta. Chan da Pólvora Editora.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Medalla do Gaiteiro en Forcarei 2011.
  • Premio As Nosas Músicas 2017 da Asociación A Xesteira pola súa traxectoria profesional.
  • Premio Bos e Xenerosos 2023 da Fundación Eduardo Pondal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "García Rego, Pilar". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Primeiro programa de Crocante.
  3. Derradeiro Alalá
  4. Zigzag Diario do 23/09/2013 na TVG
  5. García Rego, Pilar (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Humanario". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 78–83. ISSN 0017-4181. 
  6. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-09-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]