Pilar Bendoiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPilar Bendoiro
Biografía
Nacemento[cando?]
Lalín, Galicia Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
OcupaciónEscritora, mestra e filóloga
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4988509

Pilar Bendoiro Mariño, nada en Lalín,[cando?] é unha filóloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Inglesa e Diplomada en Mestre, Especialidade en Lingua Estranxeira, Inglés, pola Universidade de Santiago de Compostela.

Estudante de doutoramento elaborando a tese doutoral sobre a tradución de literatura infantil e xuvenil do inglés ao galego, inscrita na Universidade de Santiago de Compostela, onde ademais é membro do Grupo de Investigación LITER21 Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas (GI-1839). Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades[1], onde forma parte do equipo de redacción do proxecto de Investigación Informes de Literatura. Membro da Asociación Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (ANILIJ) e da Rede temática de investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI).

Tras diversos anos de experiencia docente, na actualidade imparte clases de Lingua Española en Educación Primaria en Carolina do Norte, Estados Unidos de América. É autora de artigos e recensións sobre Literatura infantil e xuvenil galega e literatura infantil e xuvenil traducida, ademais de participación en obras colectivas e traducións.

Obra[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • La pequeña coronel, de Annie Fellows Johnston, 2013, Hércules de Edicións.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • A Santiago. Relatos infanto-xuvenís para o Camiño, 2010, Xunta de Galicia.[2]
  • Itinerario de lecturas. De camiño a Compostela pola LIX, 2010, Xunta de Galicia.
  • II Xornada da Crítica Galega. A Crítica e a Literatura Infantil e Xuvenil, 2011, AELG.
  • Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. "Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  2. AELG

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]