Pietro d'Abano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPietro d'Abano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1250 Editar o valor em Wikidata
Abano Terme Editar o valor em Wikidata
Morte1316 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , astrólogo , catedrático , médico , astrónomo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Padua Editar o valor em Wikidata
MovementoSchool of Padua (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosGentile da Foligno Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata

Pietro d'Abano, nado contra 1250 e finado contra 1316, foi un filósofo e médico natural de Abano Terme, famoso pola súa obra Conciliator Differentiarum, quœ inter Philosophos et Medicos Versantur. Acusado de herexía e ateísmo pola Inquisición, morreu na cadea en Padua antes de rematar o seu xuízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou medicina en Padua e despois viaxou a Constantinopla[1], onde aprendeu grego, no Conciliator mesmo menciona o seu trato con Marco Polo[2], viviu en París despois de 1290, onde estudou e quizais tamén ensinou, acusado polos dominicos de hexería[3] foi a xuízo pero grazas á intervención do Papa[4] quedou libre. En 1306 ou 1307 volveu a Padua para ensinar filosofía e medicina na súa universidade, pouco despois de chegar os dominicos levárono a xuízo por herexía, e de novo en 1315 aínda que morreu antes do remate do xuízo.

Obra[editar | editar a fonte]

Conciliator differentiarum philosophorum et precipue medicorum

Nos 210 differenciae do Conciliator Differentiarum, quœ inter Philosophos et Medicos Versantur (1303 e 1310), amosa os seus diversos intereses pola filosofía da natureza, divide a medicina entre a teoría e a práctica e afirma que o papel do médico é ser un ministro dunha natureza que se pode explicar racionalmente. En Expositio Problematum Aristotelis (1310) tradución e comentario dos Problemas de Aristóteles, un texto pseudoaristoteliano sobre unha gran variedade de temas que Abano agrupa en 38 particulae e amosa o seu escepticismo polo sobrenatural e polas supersticións populares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Plinio Prioreschi A History of Medicine Vol. 5, Horatius Press, 1996, páxina 375
  2. George Sarton Introduction to the History of Science, Vol. 3, 1927-1948, páxina 439
  3. Thomas F. Glick et al. Medieval Science, Technology, and Medicine, Routledge, 2005, páxina 404
  4. Eugenia Paschetto, Pietro d'Abano medico e filosofo, Vallecchi, 1984, pp. 28-29