Pietro Cavallini
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fresco de Cavallini na igrexa de Santa María en Aracoeli Roma).
Pietro Cavallini, nado en 1259 e finado en 1330, foi un pintor e un mosaísta italiano da escola romana prerrenacentista do Trecento italiano.
O descubrimento dos seus frescos en Roma no 1900, permitíu a revisión da tese de Giorgio Vasari, que situaba a orixe da pintura italiana exclusivemente en Florencia.
As súas obras infuenciaron en Giotto di Bondone, despois da viaxe que este realizara a Roma, dando volta igualmente a afirmación inversa do mesmo Vasari.
En 1278, os pintores Cimabue, Pietro Cavallini e Filippo Rusuti, foron chamados desde Asís, para que decorasen a basílica de san Francisco, e influíron no mozo Giotto que se forma ao seu contacto.