Pietro Aretino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pietro Aretino por Tiziano

Pietro Aretino, nado en Arezzo en 1492 e finado en Venecia en 1556, foi un escritor italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Perugia e Roma, protexido por Agostino Chigi, rico banqueiro e patrón de Rafael, grazas ao que entrou en contacto co mundo literario da época. Aretino, na súa obra, describe con crueza e sarcasmo aos gobernantes e á curia papal, polo que sofreu desterros e castigos infamantes.

Protexido por León X, Federico II Gonzaga de Mantua e Clemente VII, despois dunha tentativa de asasinato en 1525 marchou ao norte de Italia, asentándose en Venecia. Foi amigo de Tiziano, quen pintou o seu retrato cando menos tres veces

Aretino é lembrado sobre todo polas súas cartas, que circularon amplamente en manuscritos ata que el as publicou.