Pieter Aertsen
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pieter Aertsen, nado en Amsterdam, 1508 e finado en 1575, coñecido como Langhe Pier, foi un pintor realista holandés. Traballou en Amsterdam e Antuerpe, onde residiu entre 1542 e 1556 como discípulo de Jan Mandyn.
De novo foi dos primeiros en pintar escenas familiares, na que reproduce mobles, pezas de cociña e outros obxectos con gran fidelidade. Posteriormente cultiva a pintura histórica e relixiosa, aínda que gran parte da súa produción foi destruída durante as guerras relixiosas que viviron os Países Baixos.