Pierre Cuypers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Rijksmuseum de Ámsterdan.

Petrus Josephus Hubertus Cuypers, nado en Roermond o 16 de maio de 1827 e finado o 3 de marzo de 1921, foi un arquitecto neerlandés.

É recordado sobre todo polas súas dúas obras máis notábeles: a estación Amsterdam Centraal, inaugurada en 1889 e o edificio do Rijksmuseum de Amsterdam iniciado en 1877 e rematado en 1885. Entre as súas realizacións cóntanse 100 edificacios e numerosas restauracións.