Pier Francesco Orsini
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pier Francesco Orsini, coñecido tamén como Vicino Orsini, nado en Roma o 4 de xullo de 1523 e finado en Bomarzo o 25 de xaneiro de 1583, foi un condottiero (capitán de tropas mercenarias ao servizo das cidades-estado), duque e mecenas italiano do Renacemento. Era descendente da familia Orsini, unha das máis antigas, ilustres e por séculos a máis poderosa das familias reais italianas.
O arxentino Mújica Láinez novelou a súa vida na obra Bomarzo.