Pico do Cabuji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 5°42′22″S 36°19′15″O / -5.70611111, -36.32083333

O Pico do Cabuxi, no municipio de Lajes.

O Pico do Cabuxi (en tupí-guaraní, peito de moza), co 590 m de altitude, é un volcán extinto localizado no límite entre os municipios de Lajes e Angicos, no estado de Río Grande do Norte, Brasil. A súa imaxe, bastante difundida no estado, é practicamente un dos seus símbolos informais.

Controversia histórica[editar | editar a fonte]

O investigador Lenine Pinto defende a tese de que o Brasil foi descuberto na rexión do actual municipio de Touros, Río Grande do Norte, e que o verdadeiro Monte Pascoal sería o Pico do Cabuxi.

A súa tese foi descrita no libro Reinvenção do Descobrimento, publicado en 1998.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]